Oleiros, 18 de setembro de 2013-. O Concello de Oleiros inaugura mañá a partir das 20.00 horas unha mostra de fotografía que pretende denunciar o tráfico de menores. A Fábrica acolle esta mostra fotográfica de Marcos Martínez e Marcos Cenamor. As fotografías, realizadas nos países de Senegal e de Malí, pretenden dar unha visión en positivo de África, de amosar a situación dos menores en países onde a organización Tierra de hombres ten delegación e en base á campaña “Destino incierto”, ver a vulnerabilidade dos menores naqueles países que sofren pobreza extrema, conflitos armados ou outros desastres humanitarios. A mostra permanecerá na entrada da Fábrica ata o próximo 5 de outubro. O horario de visita é de luns a venres de 8.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.30 horas.