Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica acollerá proxeccións de películas ao longo de todo o ano

Oleiros, 03 de febreiro de 2017-. O Concello de Oleiros pon en marcha un ciclo de cine, adaptado aos diferentes gustos do público, no que proxectarán un total de 7 películas no auditorio da Fábrica de Perillo. O primeiro dos filmes será As bruxas de Zugarramurdi e emitirase o vindeiro domingo día 12 de febreiro ás 19:30 horas.

As proxeccións serán de acceso libre con invitación, ata completar a capacidade da sala. As invitacións poderán recollerse unha hora antes do inicio das películas, a partir das 18.30 horas.
 

PROGRAMACIÓN DE PELÍCULAS

back link