Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica acolle unha mostra de fotografía sobre o Mar Ártabro

Oleiros, 31 de outubro de 2018-. O centro cultural A Fábrica acollerá a partir do vindeiro venres día 2 de novembro a exposición de fotografía colectiva O Mar Ártabro. O acto de inauguración será o propio venres, ás 20:00 horas.

A exposición consta de fotografías dos seguintes autores:  JR. Montero, J. Daniel Díaz, Josema Ojén, David Balado, Sara Liss, Manuel Candal, Pedro A. González, Eduardo Sánchez, Cristina Vicente, Beatriz Maroño, Raul Lomba, Daniel Candal, JL. Míguez, Román Montesinos, Xosé Iglesias e Susana De Artaza (pintora). O horario da mostra será  de luns a venres, de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 horas.
 

back link