Oleiros, 1 de marzo de 2019-. A exposición As mulleres na colección de olería do Museo Os Oleiros - José Mª Kaydeda poderá visitarse desde hoxe ata o vindeiro 15 de marzo no Centro cultural A Fábrica.
Con esta mostra pretende visibilizarse a importante labor que as mulleres fixeron e continúan a facer no mundo da olería. Nela pódese coñecer a historia de 12 mulleres, que dun xeito ou doutro, están vencelladas á colección do museo.
O horario da mostra será de luns a venres, de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas. Os sábados de 10:00 a 13:30 horas.