Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica acolle o xoves unha charla para axudar ás familias a ¿educar sen medos¿

 Oleiros, 20 de setembro de 2018-. María Soto, fundadora de Educa Bonito e experta en disciplina positiva ofrecerá unha charla o vindeiro xoves 26 de setembro, ás 20:00 horas no auditorio da Fábrica. Baixo o título de “Educar sen medos” aportará ferramentas e estratexias para apoiar ás familias nunha crianza e educación na que se aporte seguridade e confianza.

 
Esta é unha charla aberta dirixida ás familias (nais, pais, avós e avoas) con menores de todas as idades. Ademais, as persoas que acudan poderán coñecer de primeira man os próximos obradoiros e actividades que se van desenvolver dentro do programa de Familias Inquedas, que impulsa o Concello para a apoiar ás familias no seu traballo educativo, a través da educación emocional, a empatía e o recoñecemento das situacións que se producen no día a día. 
 
O principio de curso é un bo momento para coñecer de primeira e empezar a poñer en práctica algunhas ferramentas e técnicas das que se falarán o xoves. A forma en que se educa aos fillos e fillas é fundamental para que podan medrar felices, nun entorno no que se sintan seguros e con confianza en si mesmos.
 
A relatora, María Soto, xa colaborou con moito éxito en distintas actividades nos últimos anos co Concello de Oleiros, participa en numerosos encontros sobre a educación na casa por todo o Estado e ten unha grande capacidade de empatía coas situacións ás que se enfrontan as familias a diario. 
back link