Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica acolle o mércores II Encontro Aberto de Artes Escénicas Galegas

Oleiros, 20 de febreiro de 2017-. O centro cultural A Fábrica acolle este mércores 22 de febreiro o II Encontro Aberto das Artes Escénicas Galegas. O encontro está organizado por Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) coa colaboración do Concello de Oleiros, e ten por obxectivo promover espazos de diálogo entre compañías, técnicos de cultura, programadores culturais e concellarías, para mellorar as condicións nas que se está traballando.

Escena Galega é a asociación de referencia para o sector profesional das artes escénicas en Galicia, creada en marzo de 2002, na actualidade está formada por 34 compañías e empresas produtoras. A intención é propoñer un encontro aberto con programadores e concellarías de cultura por un lado, e co público por outro, para aproveitar, reforzar e proxectar na sociedade o feito de xuntar nun mesmo lugar e nun mesmo día a unha parte moi importante do sector escénico galego.
 

back link