Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Fábrica acolle a proxección da película A praia dos afogados polo Día das Letras

Oleiros, 16 de maio de 2017-. O ciclo “Un Oleiros de cine” continúa mañá mércores e con motivo do Día das Letras Galegas proxectarase A praia dos afogados. A película está prevista para as 19:30 horas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a beira. Se non tivese as mans atadas, Justo Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a tumba entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas, nin rastro da embarcación, o inspector Leo Caldas introdúcese no ambiente dun pobo mariñeiro para esclarecer o crime...
 

back link