Hemeroteca

Asset Publisher

Back A exposición Palabras xa está instalada no parque José Martí de Santa Cristina

Oleiros, 2 de agostod e 2013-.  A exposición Palabras, composta por imaxes do fotógrafo Gabriel Tizón e debuxos do ilustrador Xaquín Marín, xa se encontra instalada no parque José Martí, en Santa Cristina. Tras unha estancia de un mes no contorno do castelo de Santa Cruz, esta interesante oferta de ocio cultural ao alcance de todos os veciños e veciñas cun simple paseo, permanecerá neste fermoso parque ata finais do verán.

Posteriormente, tras esta itinerancia polas rúas e zonas verdes do municipio a exposición será instalada en varios centros educativos do municipio. O obxectivo desta nova proposta é espertar a inquedanza entre a mocidade e invitar á reflexión sobre os valores da nosa sociedade. Nesta interesante mostra os autores comparten unha mirada común a través de dúas artes sobre situacións cotiás a través do debuxo e a fotografía.

En total expóñense 30 obras, 15 de cada autor, que reflicten e ilustran o significado de palabras como amizade, amor, capitalismo, humor, emigración, educación, paz, guerra, cultura…, palabras de carácter atemporal que resumen as emocións que moven as persoas deste mundo ao longo do tempo na nosa sociedade. Imaxes educativas e reflexivas para os autores e o público en xeral, sen distinción de idades, culturas ou ideoloxías, unha invitación ao público a reflexionar en tempos de présas que nos levan a cometer continuos erros.
 

back link