Hemeroteca

Asset Publisher

Back A exposición «Entre nós» instálase no CEIP Luís Seoane ata o próximo 8 de xuño

 Oleiros, 29 de maio de 2015-. A exposición «Entre nós»  instalase no CEIP Luís Seoane tras percorrer As Torres,  os colexios de A Rabdeira e o Parga Pondal e o  IES Neira Vilas. A mostra permanecerá no colexio de Mera ata o próximo 8 de xuño. O Concello de Oleiros acolle desde o pasado mes de decembro esta exposición itinerante composta por imaxes realizadas por alumnos do proxecto «Entre nós». 

 
Esta iniciativa realizou un interesante obradoiro de fotografía no que participaron doce rapaces de etnia xitana pertencentes aos poboados das Rañas e A Pasaxe. O proxecto estivo dirixido polo fotógrafo Gabriel Tizón e promovido pola ONG Arquitectos sen Fronteiras. A exposición consta dun total de corenta e oito fotografías de gran formato realizadas polos alumnos e alumnas do proxecto. As imaxes amosan a realidade da sociedade vista por estes mozos e mozas.
 
back link