Oleiros, 20 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros colocará no contorno da praza afundida de Santa Cristina, ao final da avenida de Santa Cristina, a árbore de ferro elaborada hai xa varios anos para denunciar a proximidade de posibles infractores ecolóxicos. Os veciños e veciñas incívicos actúan case sempre diante dalgún edificio ou vivenda.
Neste caso, desde hai máis dunha década, un veciño de Santa Cristina residente na avenida das Américas vén procedendo a actuar delitivamente cortándolle a cortiza as árbores do contorno da praza afundida. Todos os anos seca as árbores que o Concello procede a plantar novamente como consecuencia destes ataques.
Este delincuente ecolóxico comete os actos con nocturnidade e soe atacar o conxunto das árbores do contorno da praza. Nesta ocasión foron catro as árbores afectadas.