Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Escola Municipal de Olería retoma a súa actividade o 4 de marzo

Oleiros, 21 de febreiro de 2017-. O Alfar de Santa Cruz acollerá a partir do día 4 de marzo un novo curso da Escola Municipal de Olería do Concello de Oleiros. As persoas interesadas en participar poden apuntarse a partir de mañá mércores na Fábrica.

A escola contará con dous grupos diferenciados para persoas adultas, un de iniciación á olería, con clases os luns e os mércores de 18:00 a 20:00 horas, e outro de perfeccionamento, para persoas con coñecementos previos, que terán clase os martes e os xoves de 18:00 a 20:00 horas.  No caso de nenos e nenas as clases serán os sábados pola mañá no mesmo horario doutros anos, de 12:00 a 13:30 horas. Os mozos e as mozas tamén terán o obradoiro os sábados, de 10:30 a 12:00 horas.

As prazas son limitadas. Ofértanse 15 para cada grupo, con preferencia de inscrición na primeira semana para persoas empadroadas no Concello de Oleiros, e as clases. Máis información e inscricións no centro cultural A Fábrica (981 61 00 00-cultura@oleiros.org).
 

back link