Oleiros, 23 de novembro de 2017-. A Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros conta con 11 prazas vacantes para nenos e nenas nados entre o 2010 e o 2012. Igualmente existen outras 64 para as clases de acordeón, batería, baixo eléctrico, canto lírico, canto moderno, clarinete, contrabaixo, fagot, frauta traveseira, gaita, guitarra eléctrica, guitarra clásica, óboe, percusión, piano, piano moderno, saxofón, trombón, trompa, trompeta, viola, violín e violonchelo.
As persoas interesadas poden realizar a preinscrición e matrícula na secretaría da Escola Municipal de Música, no centro cultural A Fábrica, de luns a venres en horario de 17:00 a 21:00 horas. O teléfono de contacto é o 981 639 143.