Oleiros, 29 de novembro de 2017-. A Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros participará o venres na Gala Bénefica organizada pola ONG Acoes Galicia con Honduras. O festival celebrarase a partir das 20:00 horas no Ágora da Coruña.
A Escola Municipal de Oleiros participará con varios grupos de danza clásica, o grupo avanzado de danzas urbanas e o grupo de adultos de danza contemporánea. Tamén actuarán os conservatorios profesionais de danza da Deputación da Coruña e de Lugo.