Oleiros, 26 de febreiro de 2016-. O grupo de Street Dance da Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros desprázase esta fin de semana ata León para participar no IX Campionato Internacional de Danza Urbana.
A actuación dos 14 alumnos e alumnas da Escola Municipal de Danza será o domingo 28 de febreiro ás 16:30 h dentro da categoría absoluta, e estará dirixida pola profesora da Escola, Alba Fernandez Cotelo. Ademais da participación neste campionato, o grupo participará durante todo o sábado 27 e o domingo 28 de febreiro nas diferentes masterclass que se organizan de xeito paralelo ao campionato.