Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Escola Municipal de Danza experimenta un incremento de matrículas do 43% respecto ao anterior

Oleiros, 14 de outubro de 2012-. A Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros experimentou un incremento do 43% con respecto ao anterior curso. En total 294 alumnos e alumnas cursarán estudos este ano fronte aos 205 que o fixeron no pasado curso. O incremento de 89 novas matrículas é posible grazas á creación da nova sede da escola que entrou en funcionamento o pasado curso e ao alto nivel educativo ofertado neste centro, o que fai que a demanda de alumnos e alumnas se dispare.

back link