Hemeroteca

Asset Publisher

Back A escola infantil As Galeras representa a Oleiros no día da ciencia na rúa

Oleiros, 8 de maio de 2014-. A Escola Infantil As Galeras do Concello de Oleiros será un dos máis de 30 centros educativos que participarán no Día da Ciencia na Rúa que se celebrará este sábado 10 de maio, durante todo o día, no contorno do Planetario no Parque de Santa Margarita na Coruña.

O proxecto que presentarán neste evento terá como temática central o mar, elemento próximo á escola e á vida diaria dos case 100 nenos e nenas que acoden a diario á escola, un dos catro centros infantís cos que conta o concello de Oleiros.

Mediante xogos, a experimentación, a manipulación e a observación os máis pequenos desenvolverán distintas habilidades e aprenderán sobre a forza das ondas, a influencia da lúa nas mareas, a erosión e cristalización da area.

O equipo educativo do centro, xunto coas familias e o alumnado, levan varias semanas traballando neste espectacular proxecto que vai representar a Oleiros neste evento de divulgación científica.
 

back link