En total foron 7 os puntos de amarre que orixinaron os danos. Varios muros quedaron desfeitos e ata chegaron a empregar unha árbore para amarrarse, danando a propia árbore e abrindo o muro que a suxeitaba.
Ante a gravidade destes feitos, o Concello xa lle requiriu a Costas que proceda á reposición e restauración de inmediato dos danos, baixo a supervisión de técnicos municipais.
