Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Deputación adxudica a obra da rotonda da Chasqueira

 Oleiros, 23 de abril de 2021-. A Deputación da Coruña contratou por importe de 383.677,40 euros a obra de construción dunha rotonda no punto no que conflúen as estradas Iñás-Pravio e San Pedro de Nós-Cecebre. O Concello de Oleiros solicitara esta obra en diversas ocasións á Deputación, por tratarse dun lugar moi perigoso para o tráfico.

 
“Desde o Goberno municipal demandamos a realización desta rotonda á Deputación en varias ocasións. Estamos a falar dun cruce moi perigoso, onde houbo moitos accidentes e que precisaba dunha solución”, dixo o deputado provincial Ángel García Seoane.
 
back link