A Xunta de Galicia, responsable da educación no noso país, non atende as demandas das ANPAS e da comunidade educativa en xeral a respecto da dotación de persoal necesario deixando centros educativos con graves eivas para a consecución dunha educación inclusiva e de calidade para todos os nenos e nenas.
As concentracións nos colexios de Santa Cruz, Canide, Oleiros, Perillo e Nós foron apoiadas polo goberno local. Os participantes vestiron roupas negras co obxectivo de simbolizar o grave desamparo que están a sufrir as escolas e que pon en perigo a calidade do ensino público debido á falta de profesores de pedagoxía terapéutica (PT) e audición e linguaxe (AL), mestres titores e de reforzo nas aulas ou a eliminación de proxectos de gran interese educativo, cultural e comunitario.
Os recortes máis graves rexístranse nos colexios Valle Inclán e Juana de Vega, pero poderían ter sido calquera outro. Familias, profesorado, veciñanza e Concello permanecerán unidas para participar activamente nestas concentracións a prol dunha escola pública de alta calidade.
A convocatoria das concentracións foi a iniciativa as ANPAS dos colexios Valle Inclán, Juana de Vega, Luis Seoane, Rabadeira e Parga Pondal.