Hemeroteca

Asset Publisher

Back A compañeira de piso, o sábado no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 15 de novembro de 2019-. A compañía Contraproduccións presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo A compañeira de piso. Patricia Vázquez e Rebeca Montero, coa colaboración na voz en off de Xose Barato como fillo de Sharon, forman o elenco desta obra de Jen Silverman, que dirixen Belén Pichel e Cándido Pazó.

 
Nesta comedia, Sharon, unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx... Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.
back link