Hemeroteca

Asset Publisher

Back A compañía Os Náufragos presenta o sábado en Mera a obra Castrapo

Oleiros, 22 de novembro de 2017-. A compañía Os Náufragos presenta o sábado ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Castrapo, escrito e dirixido por Gustavo del Río. O elenco de actores e actrices fórmano Denis Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río.

A obra xira arredor de Daniel, un escritor galego emigrado a Madrid que volve á terra logo de recibir a nova da morte do seu pai, con quen xa non mantiña unha relación fluída. No camiño atópase con Rosa, coa que comparte o tren con destino á Coruña. Nesta viaxe a Galicia atópase de fronte co seu pasado e coa necesidade de afondar na procura das súas raíces: unha viaxe que o leva de volta á súa orixe.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2,50 euros. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.
 

back link