Hemeroteca

Asset Publisher

Back A compañía oleirense Azar Teatro Danza e Música triunfa no Auditorio Gabriel García Márquez

Oleiros, 25 de outubro de 2017-. O pasado domingo o Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolleu a representación de "O soño negro", un espectáculo da compañía oleirense Azar Teatro Danza e Música, adaptado e dirixido por Marisol Casal.  Unha noite máis o auditorio meracho presentou unha moi boa entrada e a obra tivo unha magnífica acollida.

Nesta obra, o doutor Ramsay é encarcerado por un asasinato que non cometeu. Na prisión é visitado polo cirurxián Cadman, antigo mestre de Ramsay, que o libera usando a droga do “Soño Negro”, que provoca catalepsia. Cos coñecementos de cirurxía cerebral de Ramsay, Cadman trata de curar a súa amada Irena, quen sofre un trastorno da personalidade. Despois de tantas operacións sen éxito, Ramsay decide buscar unha solución.
 

back link