Hemeroteca

Asset Publisher

Back A compañía Nova Galega de Danza presenta o venres Leira, no Auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 26 de abril de 2022-. O venres ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Nova Galega de Danza presenta o seu espectáculo de danza Leira, dirixido por Jaime Pablo Díaz, coa voz en vivo de Rosa Cedrón e con Estefanía Gómez, Inés Vieites Veiras, Iván Villar, César Louzán, Pablo Sánchez, Ricardi Fernández como bailaríns. As entradas teñen un prezo de 5 euros e pódense adquirir na taquilla electrónica ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio. 

 
O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os sucos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.
 
back link