Hemeroteca

Asset Publisher

Back A compañía FarandOleiras representa o sábado a obra Pánico! no Auditorio de Mera

Oleiros, 20 de outubro de 2015-. O sábado 24 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, a compañía FarandOleiras Cabaré presentará o seu espectáculo “Pánico!”, escrito e dirixido por Clara Gayo. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. O espectáculo está dirixido a maiores de 12 anos.

FarandOleiras Cabaré volve unha vez máis aos escenarios, para ofrecer a súa peculiar visión da actualidade cun espectáculo cheo de humor, teatro e números musicais. Pánico! Achéganos ao mundo do terror e intriga para demostrar que a realidade sempre supera á ficción e que non hai como botar unhas risas para superar calquera medo.
 

back link