Oleiros, 15 de novembro de 2017-. A compañía Talía Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Ubú Rei, escrito por Alfred Jarry e dirixido por Roberto Salgueiro. O elenco de actores e actrices fórmano Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Ríos, Rubén Prieto e David Creus.
Netsa obra, Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levado ata o absurdo.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2,50 euros. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.