Hemeroteca

Asset Publisher

Back A comedia sobre as dúas Marías compostelás chega o sábado ao Auditorio de Mera

Oleiros, 29 de marzo de 2017-. A compañía ButacaZero presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Voaxa e Carmín, escrito por Esther F. Carrodeguas e dirixido por Xavier Castiñeira. Mabel Rivera e Belén Constenla protagonizan esta obra de teatro.

Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ata a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, botar piropos aos mozos, insultar ás mozas… Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, intentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Esta obra está recomendada para maiores de 12 anos.

 

back link