Hemeroteca

Asset Publisher

Back A comedia Panamericana represéntase o sábado no Gabriel García Márquez ás 20:30 h

Oleiros, 16 de marzo de 2016-. A Panadaría, presenta o seu espectáculo Panamericana, de Areta Bolado, o sábado ás 20:30 h no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Panamericana é unha comedia con sabor a guiso tropical, un musical no que as tres actrices que participan interpretan vinte e catro personaxes.

A obra xira arredor de Miranda Celia del Río que é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que foxa na procura dunha vida mellor e remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu labiríntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. A historia fala dun sistema perverso e dos soños rotos desde unha óptica optimista e divertida. Unha festa teatral de cor, pluma e música.

Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman son as actrices deste espectáculo de teatro musical. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala, a un prezo de 2,50 euros.
 

back link