Hemeroteca

Asset Publisher

Back A comedia O galego, a mulata e o negro, o domingo no Gabriel García Márquez

 Oleiros, 6 de outubro de 2021-. A Asociación Cultural Cardume presenta o domingo ás 20:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra O galego, a mulata e o negro. Manuel Pernas, Nelly Varela, Carlos Novo, Emilio Caínzos, Nieves Alcañíz, Rafa Fernández, Jaime Naveira, Flor Pérez Ferreiro, Carlos Novo, Emilio Caínzos, More de la Cal, Rafa Fernández, José Luís González Pampín, María José López Ferrer, Miguel Ángel Jeres, Isabel Dobarro e Ana Vázquez Lojo forman o elenco desta obra que dirixe Matilde Blanco.

 
Esta comedia está baseada na peza teatral do grande dramaturgo, actor e historiador galego Gustavo Pernas Cora O Galego, A Mulata e o Negro. A obra semella ser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos onde diversos galegos, mulatas e negros dan vida a quince personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcorrendo os cambios políticos e sociais en Cuba dende 1886 ata 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que amosan coas súas andanzas unha panorámica histórica en clave de humor.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:00 horas, a 2,50 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto.
back link