Hemeroteca

Asset Publisher

Back A capela ardente de Ana Kiro será instalada esta tarde no Auditorio Gabriel García Marquez de M

Os restos mortais da cantante e actriz Ana Kiro, que faleceu esta mañá, serán trasladados esta mesma tarde ao auditorio Gabriel García Márquez en Mera, onde permanecerá instalada a capela ardente ata mañá pola tarde, cando a artista será trasladada ao cemiterio de Serantes, onde se realizará o sepulcro ás 19.00 horas.

O Concello de Oleiros quere mostrar de forma pública as súas condolencias a toda a familia da artista así como resaltar a estreita relación que Ana Kiro mantivo coa Coral de Mera e o apoio persoal e profesional que mostrou coas asociacións culturais, do municipio. Así como a súa estreita relación co Concello de Oleiros, dado que elixiu para establecer a súa residencia a localidade de Mera, onde levaba máis de 30 anos residindo xunto á súa familia.

back link