Hemeroteca

Asset Publisher

Back A cabeza do dragón represéntase o sábado no Auditorio de Mera

Oleiros, 19 de abril de 2017-. A compañía Producións Teatrais Excéntricas presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo A cabeza do dragón, escrito por Ramón María Valle-Inclán e dirixido por Quico Cadaval. Ana San Martín, Víctor Mosqueira, Iván Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e Quico Cadaval protagonizan esta obra de teatro.

A obra, incluída por Valle-Inclán nunha colección de farsas, conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino.

As entradas para esta comedia poñeranse á venda a un prezo de 5 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para persoas maiores de 12 anos.   
 

back link