Oleiros, 13 de novembro de 2017-. O Concello de Oleiros vai asinar un convenio coa Deputación da Coruña para financiar a adquisición dun novo camión para a realización de asfaltados de rúas e camiños de titularidade municipal. O custo do vehículo supera os 120.000 euros.
A brigada de asfaltados municipais xa vén actuando na reparación e asfaltado de camiños públicos. O equipo está formado por cinco operarios e maquinaria diversa.