Hemeroteca

Asset Publisher

Back A biblioteca de Lorbé abre hoxe tras a súa reforma integral

Oleiros, 14 de decembro de 2011-. Esta tarde reábrese a biblioteca municipal de Lorbé tras unhas semanas pechada polas obras de reforma levadas a cabo polo Concello. O alcalde de Oleiros Ángel García Seoane participará nun pequeno acto que terá lugar na instalación a partir das 18.00 horas. A continuación, actuará a Agrupación Cultural Amanexo e a partir das 18.30 horas, haberá unha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas menores de 10 anos, a cargo do actor Ramiro Neira.

A obra de reforma permitiu duplicar a superficie da sala e incrementar considerablemente o número de puntos de lectura. Ademais, dotouse a sala dun espazo diáfano no que se poden realizar sesións de contacontos ou actos doutra índole. Ademais, a biblioteca municipal de Lorbé foi equipada durante as obras cun novo sistema eléctrico que permitiu a instalación de luminarias de alta eficiencia, o que deparará un considerable aforro enerxético. Por outra parte, mellorouse o sistema de calefacción e o illamento térmico que proporciona unha maior comodidade. O investimento municipal superou os 20.000 euros.

Estes traballos de mellora leváronse a cabo co persoal de Servizos Municipais, do mesmo modo que se fixo na obra de renovación da biblioteca da casa do pobo de Nós, o que permitiu un importante abaratamento da obra e axilizou a realización dos traballos.
 

back link