Hemeroteca

Asset Publisher

Back A bandeira oficial de Oleiros ondea na Casa do Concello

Oleiros, 24 de setembro de 2015-. A bandeira oficial de Oleiros está pendurada desde onte na fachada principal da Casa do Concello. O pano, de fondo branco, inclúe unha franxa azul que corresponde a Galicia, o escudo do Concello, unha estrela vermella de cinco puntas que representa o poder popular e un triángulo verde que simboliza a importancia do medio ambiente e da naturaza neste territorio.

O alcalde, Ángel García Seoane, explicou que se trata dun símbolo oficial do Concello que representa a esencia de Oleiros. “Algúns tamén quixeron quitar o asunto de contexto, pero nada ten que ver isto coa posible independencia de Cataluña. E que quede ben claro que tampouco queremos a independencia para Oleiros”, explicou García Seoane.
 

back link