Hemeroteca

Asset Publisher

Back A banda Solos será a encargada do cuarto concerto de As Tardes do Alfar este xoves

O microfestival As Tardes do Alfar continúa este xoves no parque das Torres de Santa Cruz cunha nova cita de música ao aire libre. Nesta ocasión, a protagonista será a banda coruñesa Solos, un proxecto con case dúas décadas de traxectoria no pop-rock estatal, que trae o seu EP estreado xa en 2021 e a ilusión de seguir conquistando públicos co seu directo. O concerto comezará ás 20h e, como cada semana, ás 19h abrirá a tarde a demostración de olería ao vivo da man do ceramista Alberto Añón.

Solos naceu en A Coruña en 2007 da man de Juan Pedre (voz) e David Grela (guitarra), que marcaron os primeiros anos do grupo cunha proposta sólida e contundente dentro do panorama do rock español. Despois dunha etapa convulsa, a banda regresou á actividade con nova formación e novo traballo, sumando a Gonzalo Mosquera (baixo), Johnny Bello (guitarra e teclados), Alex Rey (batería) e a colaboración destacada do saxofonista Pablo Añón.

O seu último EP, La Tristeza Alternativa, con tres temas “rompedores e innovadores”, supuxo o regreso á escena dun grupo con certa bagaxe e ganas de explorar novos camiños, cun son que bebe do mellor rock estatal e que destaca por unha produción con moita personalidade. Nos concertos máis recentes, temas como De Farol (co que adoitan pechar os pases) son coreados polo público, que pouco a pouco vai descubrindo a unha banda que apostou sempre pola cercanía e a calidade sonora. 
 

back link