Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Banda Orquestra Sinfónica de Oleiros e a Banda de Gaitas de Forcarei ofrecen un concerto conx

Oleiros, 14 de marzo de 2017-. A Banda Orquestra Sinfónica do Concello de Oleiros e a Banda de Gaitas de Forcarei ofrecen o vindeiro sábado ás 20:30 horas un concerto conxunto no Auditorio Gabriel García Márquez, Mera. Ademais das dúas bandas, o espectáculo tamén contará coa participación, entre outros, da cantante folk Begoña Lorenzo, de José Manuel López (Josele), do Coro de Oleiros e dunha parella do Grupo de Baile de Santaia.

Xoldra na eira é un espectáculo multidisciplinar, no que se amalgaman a través dunha historia, melodías eternas creadas polo pobo, e que expresan vivamente, os ideais da súa alma e as paixóns do seu corazón... Eses aires, estupendamente harmonizados e axustados, para levar a cabo pola banda de música, a banda de gaitas, as voces e o baile, explotan esa rica canteira de materiais para a construción do magno edificio, que demanda a música galega. Alberto Piñeiro Leiva e José Antonio Vidueiros Sánchez dirixen, respectivamente, á agrupación de Oleiros e á de Forcarei.
 

back link