Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Banda Municipal actúa o sábado na polideportiva de San Pedro de Nós

 Oleiros, 18 de xuño de 2021-. A Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros actúa este sábado 19 de xuño, ás 12:00 horas, na polideportiva que se atopa xunto á casa do pobo de San Pedro de Nós. Será un concerto gratuíto e aberto a toda a cidadanía.

 
O sábado tamén, ás 19:00 horas, a Orquestra de Cordas actuará no Teatro Colón da Coruña xunto a un grupo da Escola Municipal de Danza. O domingo, ás 12:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, tamén haberá un espectáculo de danza urbana do alumnado da Escola Municipal de Danza.
 
back link