Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Banda da Loba actúa o sábado na Fábrica

 Oleiros, 18 de febreiro de 2021-. A Banda da Loba ofrece un concerto este sábado no Auditorio da Fábrica ás 19:30 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, a 2,50 euros. 

 
Este grupo, formado por cinco mulleres, presentará Fábrica de luz, un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. Teñen un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link