Hemeroteca

Asset Publisher

Back A banda da Escola municipal de música poñerá mañá o punto e final ao curso cun concerto en Mera

Oleiros, 27 de xuño de 2013-. Mañá venres 28 de xuño ás 20 horas terá lugar no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o concerto de fin de curso da Banda da Escola Municipal de Música. No acto tomarán parte os alumnos das prebandas e da banda e tamén o ballet da Escola Municipal de Danza. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

Con esta actuación a Escola de Música de Oleiros pon o broche de ouro a un curso magnífico no que o número de matrículas viuse incrementado e onde a actividade docente se desenvolveu de forma satisfactoria. A escola, do mesmo xeito que o fará a de danza, retomará a súa actividade no próximos mes de setembro.
 

back link