Oleiros, 16 de setembro de 2015-. O vindeiro domingo 20 de setembro ás 13:00 horas, o parque da Lagoa de Mera acolle un concerto da Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros. As previsións meteorolóxicas apuntan a que non haberá problema de chuvia, aínda que en caso de mal tempo a actuación quedará cancelada.
O concerto do domingo servirá de preparación para o IX Certame galego de bandas de música populares que terá lugar os días 21 e 22 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Ademais, con esta actuación ao aire libre nun parque público tan concorrido, preténdese achegar a música da Banda da Escola Municipal aos veciños e veciñas do norte do Concello de Oleiros.