Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística pretende entrar no domicilio do alcalde d

Oleiros, 5 de febreiro de 2013-. A Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística pretende entrar no domicilio do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, para proceder a cumprimentar un requirimento do Xulgado de Instrución Número Catro en relación a unha denuncia presentada por un individuo chamado Pablo Carrasco González e outros respecto ao exceso de altura, acabado de peches, ocupación dun camiño peonil e movemento de terras.

Este individuo é o mesmo ao que o Concello de Oleiros lle demoleu no ano 2000 un inmoble por manifesta infracción urbanística e posterior utilización do resto do inmoble que quedou en pé para uso como negocio relacionado coa prostitución. Neste caso a actuación do Concello de Oleiros foi abalada polo xulgado de 1ª Instancia Número Oito da Coruña. Ademais, este individuo é o mesmo que no ano 1984 foi condenado por un delito relacionado coa prostitución en sentenza 249/84. Así mesmo, é o mesmo que foi condenado a devolver a García Seoane os 6.180 euros doutra denuncia interposta por Carrasco contra o alcalde por dereito ao honor e que en resolución da Audiencia Provincial Sección Quinta foi revogada sen que ata a data, xa hai case tres anos, se devolvese a dita cantidade ao declarase insolvente. Porén ten diñeiro para avogados e procuradores para presentar denuncias inconsistentes contra o alcalde de Oleiros e diversos veciños do municipio que actuaron como testemuñas nos múltiples preitos presentados por este individuo nos tribunais.

En relación ao seu domicilio, cuxas obras foron realizadas en 2004, o alcalde sinalou que foron obxecto de intervención de distintos xulgados e da Fiscalía que no seu momento, e debido tamén a unha denuncia de Pablo Carrasco e concelleiros de oposición, requiriron e analizaron todo tipo de licenzas sobre a edificación na finca da súa propiedade. Nos distintos fallos xudiciais ao respecto, en todos eles, resólvese que Ángel García Seoane non cometeu ningunha infracción, e, aínda así, a raíz dun error nun plano de delimitación de Costas obrígase a tirar un piar da vivenda e como consecuencia diso a súa fachada. Ademais, en relación a esta demolición, os tribunais acordaron que os  importes das multas interpostas pola Xunta foran devoltas ao alcalde e o propio Consello Consultivo de Galicia sinalou que se lle deberían devolver os gastos ocasionados por esta obra.

No requirimento que o xulgado fai á APLU, esta excédese do solicitado procedendo a entrar no domicilio para realizar un informe do que, coa documentación que consta no seu poder a raíz do mencionado expediente de demolición, xa dispón. A APLU demandando este tipo de autorización podería incorrer nun posible delito de prevaricación administrativa. Así mesmo, a sala de Contencioso-administrativo Nº4 en providencia 22/09/10 inadmite unha denuncia presentada polo mesmo individuo en relación aos mesmos temas. Ao longo de oito anos e en relación coa casa de García Seoane, que debe ser unha das máis xudicializadas do país, interviñeron en diversas ocasións 7 tribunais e a Fiscalía.
 

back link