Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Asociación de Veciños de Maianca queda na rúa á espera da decisión da Xunta sobre a Casa do M

Oleiros, 16 de novembro de 2016-. A Asociación de Veciños San Cosme de Maianca abandonou de xeito definitivo esta mañá o local que levaban empregando de xeito provisional desde hai máis de seis anos. O Concello de Oleiros agarda agora pola decisión definitiva que debe adoptar a Consellería de Política Social sobre a cesión da planta superior da Casa do Mar, actualmente infrautilizada.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, demandou a cesión da planta superior do edificio ao Concello ou ás entidades da localidade en repetidas ocasións. Logo de múltiples conversas durante os últimos meses entre Concello e Xunta, os responsables autonómicos comprometéronse a dar unha resposta definitiva antes de que finalizase esta semana. A Xunta está agora obrigada a decidir canto antes se vai deixar na rúa ás máis de 200 persoas que participan nas diferentes actividades que organiza a asociación, ou se lles cede o espazo que actualmente ocupa un suposto centro sociocomunitario que ofrece unha escasa programación aos veciños en horarios laborais.

Algúns membros da Asociación de Veciños de Maianca, xunto cos operarios municipais, participaron esta mañá nas tarefas de desocupación do local, situado na praza de Ana Kiro.
 

back link