Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Asociación de Párkinson desenvolverá unha sesión informativa sobre logopedia a pacientes de Oleiros

O próximo 22 de setembro, ás 17:00 horas, a Asociación de Parkinson Galicia-Coruña, en colaboración co Concello de Oleiros, desenvolverá nas instalacións de Servizos Sociais en Villa Echeverry unha sesión grupal gratuíta de logopedia dirixida, prioritariamente, a persoas enfermas de parkinson veciñas de Oleiros e localidades próximas.

O obxectivo é ofrecer ás persoas con párkinson os beneficios desta terapia rehabilitadora e o papel que desempeña na abordaxe integral da enfermidade. Baixo o título “Coida a túa voz e fala. Logopedia e Parkinson no rural”, a sesión estará centrada na voz, na fala e na deglutición, co fin de facilitar o acceso a información especializada, resolver dúbidas e mostrar, de forma próxima e participativa, como esta disciplina pode contribuír á abordaxe integral da enfermidade.

María Belén López, responsable da área de Logopedia na Asociación de Parkinson, impartirá a sesión e compartirá pautas e exercicios destinados a favorecer unha comunicación máis eficaz e unha deglutición máis segura, dúas funcións que poden verse afectadas pola enfermidade.

O número de prazas está limitado a 16 persoas e a sesión terá unha duración aproximada de dúas horas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente, a partir do luns 7 de setembro, por algún dos seguintes medios:

-    Teléfono: 981 241 100 ou 618 950 128

-    A través dun formulario online: https://forms.gle/n1PNZS7rgmUZsxTXA

A actividade enmárcase dentro da colaboración do Concello de Oleiros coa Asociación Parkinson Galicia-Coruña co fin de apoiar ás persoas veciñas de Oleiros afectadas por esta enfermidade. 

Máis información no departamento de Servizos Sociais e  no teléfono de atención veciñal 981610000 ou ben a través do enderezo electrónico s.sociais@oleiros.org.

back link