Oleiros, 27 de abril de 2020-. A Deputación da Coruña procedeu a rescindirlle o contrato de ampliación da estrada da Besta (que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra) á empresa adxudicataria desta obra por abandonar a execución dos traballos sen aviso previo. Debido a esta actuación, váiselle incautar o aval presentado, terá que pagar unha indemnización económica e quedará inhabilitada para volver a contratar coa Deputación.
“A situación do coronavirus demorou máis do debido os trámites que tiña que realizar a Deputación en relación aos problemas da empresa adxudicataria desta obra, que denunciei en varias ocasións como alcalde e deputado provincial. Agora agardo que poida estar contratada novamente a mediados de xullo e que poida retomarse despois do verán”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.