Hemeroteca

Asset Publisher

Back A última fase do carril bici de Santa Cruz a Mera comezará a finais do verán

Oleiros, 3 de xuño de 2016-. A construción da última fase do carril bici de Santa Cruz a Mera comezará a finais do verán. As obras contemplan o acondicionamento definitivo e asfaltado das explanacións que se están a realizar desde Arillo ata Mera, así como a construción dos tramos inexistentes que quedan pola marxe esquerda da estrada desde Augarrío ata a casa do pobo de Dorneda.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, informou onte o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, que o expediente para a contratación das obras xa está resolto e os traballos, que ascenden a máis dun millón de euros, comezarán a finais deste verán. “É unha gran noticia, porque se lle vai dar moita vida a toda esa zona. Vaise crear un paseo para que a xente poida circular con total seguridade e sen asumir ningún tipo de risco, como sucedía ata o de agora en zonas como Lourido”, explicou García Seoane.

As obras que se están a realizar desde hai semanas entre Arillo e Mera corresponden á primeira fase deste proxecto. O Concello está a levar adiante a obra con fondos municipais (900.000 euros), malia que sería a Xunta de Galicia a administración que debería realizar a obra por ter a titularidade sobre esa estrada. Os veciños e veciñas cederon gratuitamente os terreos para que a creación deste paseo fose posible.
 

back link