Oleiros, 29 de abril 2014-. Unha vez rematado o prazo de inscrición no programa de excursionismo para persoas maiores de 60 anos do Concello de Oleiros, 565 persoas se inscribiron para participar nas tres rutas programadas para coñecer “Paraísos Cercanos”. Con este número de persoas inscritas acadouse unha ocupación do 85% das prazas ofertadas, polo tanto aínda hai un 15% de prazas libres ás que se poderán apuntar aquelas persoas que non o fixeran e que estean interesadas. Poden facelo a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000, de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 h.
Por outra banda, hoxe remata o prazo para inscribirse nas rutas de sendeirismo que se ofertan tamén dentro do programa Ven e Descubre. De “Oleiros a Cecebre”, “As insuas do río Miño”, “As catedrais da Mariña Lucenese” e “Entre pías e cacholas” son as rutas que se realizarán e percorrerán fermosos lugares da nosa terra: a comarca das Mariñas, a Terra Chá, a mariña lucense e Monte Louro e a Costa da Morte.