Hemeroteca

Asset Publisher

Back 3.397 nenos e nenas participaron na Hora do conto e no programa Letras vivas

Oleiros, 12 de xullo de 2012-. Un total de 3.397 nenos e nenas de Oleiros participaron entre febreiro e xuño nos programas A Hora do conto e Letras vivas que organiza a Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Oleiros. Destes, 1.992 asistiron ás sesións da Hora do Conto durante os meses de febreiro a maio nalgunha das bibliotecas municipais de Oleiros, mentres que 1.405 fixérono na actividade Letras Vivas.

A Hora do conto é unha actividade na que se dramatiza un ou varios contos, cun enfoque lúdico e cunha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade. Os obxectivos que se intentan conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores/as ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.

Pola súa parte, o programa Letras vivas é unha iniciativa que se leva a cabo en conxunto coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para apoiar o fomento da lectura e o libro galego a través de diversos axentes como as bibliotecas municipais. Estas actividades están patrocinadas pola Consellería de Cultura e o Concello de Oleiros.
 

back link