Un encontro violento entre dous rapaces é o xerme dun gran conflito social. O intento familiar por resolvelo non é máis que unha nova situación violenta que reflicte a cara máis amarga da sociedade: o descontrol ata a ofensa persoal. Calquera intento de calmar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. A obra saca todo o lixo que os catro individuos protagonistas acumularon ao longo da súa vida en relación á educa¬ción que recibiron, á posición social que ostentan, á súa profe¬sión... amosando a súa cara oculta.
Autoría: Yasmina Reza
Dirección: Artur Trillo
Elenco: Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez e Dani Trillo
Xénero: comedia
Duración: 85 min
Público: adulto (a partir de 13 anos)
Prezo: 4 euros