Hemeroteca

Asset Publisher

Back Últimas prazas vacantes para as charlas sobre alimentación, cociña e medicación no Centro de dí

Oleiros, 06 de maio de 2016-. O vindeiro día 12 de maio iníciase un ciclo de catro charlas sobre alimentación, cociña saudable e medicación no Centro de Día público As Galeras. As charlas serán os xoves, en horario de 18.00 a 19:30 h, nas instalacións do propio centro na zona das Galeras, en Bastiagueiro.

Estas conferencias están dirixidas ás persoas maiores de 55 anos e a Concellaría de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros colaborou na súa difusión entre as persoas maiores que acoden ás súas actividades. O obxectivo é promover hábitos de vida saudables entre a poboación, facendo unha especial referencia a aspectos como a nutrición e un bo uso da medicación. A partir destas idades prodúcense unha serie de cambios fisiolóxicos e psicosociais que provocan unhas novas necesidades no noso corpo, polo que é mais importante que nunca coidar a nosa alimentación, prestando especial atención aos produtos que consumimos.

Por outra banda, nestas idades empezan a estar pautadas unha serie de medicacións que é necesario evitar, de ser posible, ou tomalas adecuadamente para evitar problemas maiores.

Estas catro charlas serán impartidas por profesionais especialistas na materia, co fin de concienciar e educar ás persoas asistentes sobre todos estes aspectos.   

Na actualidade quedan vacantes as últimas prazas polo que todas as persoas interesadas poderán inscribirse no teléfono posto para este fin polo propio centro, 630 037 557, ao que poden chamar de luns a venres en horario de 09:00 a 21.00 h.


 

 

back link