Hemeroteca

Asset Publisher

Back Últimas prazas vacantes para actividades de Ocioleiros

 Oleiros, 2 de febreiro de 2022-. A vindeira semana comezan as actividades de Ocioleiros en diferentes espazos municipais. Aquelas persoas que estean interesadas en participar e non puidesen facer a inscrición no seu momento, poderán facelo agora nas actividades que quedaron con prazas libres e sen listaxe de agarda.

 
As actividades son as seguintes: Conversas en francés (nivel básico e nivel medio), Curso de lingua galega preparatorio para o Celga, Defensa persoal (medio), Obradoiro de artes plásticas (cartón pedra e papel maché), Técnicas de relaxación, Tratamento de imaxe dixital avanzado. As persoas interesadas poderán anotarse no correo afabrica@oleiros.org ou chamando ao teléfono da Fábrica 981 636 598.
back link