Hemeroteca

Asset Publisher

Back Últimas prazas para as excursións á Ribeira Sacra e á Costa da Morte para persoas maiores de 60

 Oleiros, 23 de agosto de 2022-. Entre os días 29 de agosto e 1 de setembro, aquelas persoas maiores interesadas en participar nas excursións programadas para a Ribeira Sacra e a Costa da Morte poderán apuntarse nas prazas vacantes dispoñibles.  As inscricións deberán realizarse por teléfono, chamando ao número 981 610 000  en horario de 16:00 a 20:00 horas.

 
As excursións realizaranse en varios grupos ao longo do mes de setembro. Unha das saídas é á Ribeira Sacra e ao río Miño, con visitas ao Ecomuseo do Pazo de Arxeriz e ao Cabo do Mundo, e outra ás vilas de Cee e Fisterra, incluído o museo Fernando Blanco.
 
back link